Proceso de fabricación | Paganini
Previous Image
Next Image

info heading

info content


Proceso de fabricación

Conservas Lago Paganini é unha empresa familiar que desde 1915 elabora o peixe azul e o mexillón de forma artesanal.

Coa premisa “un peixe malo non se fai bo na lata” só se recepciona a mellor materia prima, aquela que está en óptimas condicións e que nos permite ofrecer a mellor conserva. A continuación o peixe mergúllase en salmoira, cócese ao vapor e córtase e empácase manualmente. Tras cubrilo con aceite de oliva ou outras salsas, péchase para esterilizalo e estoxalo.

O proceso de elaboración do mexillón é similar: seleccionándoo por tamaños, primeiro frítese para despois empacalo á man e cubrilo con escabeche. Por último péchase, esterilízase e estóxase.

A todos os produtos aplícaselles o sistema de riscos e control de puntos críticos deseñado para a nosa produción, asegurando así a máxima calidade das nosas conservas.