Quén somos | Paganini
Previous Image
Next Image

info heading

info content


Quén somos

Conservas Lago Paganini dedícase á elaboración e distribución de produtos do mar en conserva. As nosas especialidades son o peixe azul (sardiña, xouba, xarda, chincho, agulla) e o mexillón.

Fundada en 1915 por Pedro Montemerlo Botassi en Cangas do Morrazo (Pontevedra), a nosa empresa ten como principio compaxinar a fabricación artesanal do produto con todas as esixencias dunha empresa de alimentación do século XXI.

Foi a principios do século XX cando industriais de Italia e Cataluña se asentaron nas costas galegas aproveitando a calidade e abundancia de especies mariñas nas nosas rías, especialmente a sardiña. Ata 150 industrias conserveiras se contabilizaban en Galicia, 20 das cales se atopaban no municipio de Cangas. Actualmente só dúas continúan traballando, entre elas conservas Lago Paganini.