Garantía de calidade

O noso principal obxectivo é elaborar produtos da máxima calidade e por iso o noso equipo de control de calidade, tanto humano, coma tecnolóxico, pon todos os medios necesarios para cumprir este obxectivo.

A todos os produtos se lles aplica o sistema de riscos e puntos críticos deseñado para a nosa produción, asegurando así a máxima calidade das nosas conservas.

Contamos coa certificación Internacional Food Stándar (IFS) que esixe no campo da alimentación, as máximas calidades de control dende a materia prima ata o produto final.